Axenda

Xornada sobre “O aproveitamento da terra en Galicia ante os retos globais no século XXI’”

26/10/2016 12:10 p.m.

O vindeiro mércores, 2 de Novembro, o Máster Universitario en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio (Masterterra) organiza unha nova xornada de debate que leva por título: “O territorio: para que? O aproveitamento da terra en Galicia ante os retos globais no século XXI”.

O evento celebrarase no Salón de Actos da Escola Politécnica Superior de Lugo ás 18:00 horas. A xornada comezará cunha conferencia a cargo de José Manuel Silva Rodríguez, Ex-Director Xeral de Agricultura e Desenvolvemento Rural da Comisión Europea.

Posteriormente haberá unha mesa redonda na que participarán, ademais de José Manuel Silva, as seguintes persoas:

Higinio Mougán Bouzón,  Xerente Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (AGACA)
Ramón Reimunde Noreña, Presidente da Federación de Asociacións de Produtores de Madeira de Galiza (PROMAGAL)
Alberte González Rodríguez, Arquitecto – Gabinete de Arguitectura e Urbanismo (GAU)
José María Tubío Sánchez,  Investigador do Labotario do Territorio (USC)

Ir a la portada