Axenda

Xornada sobre as novas tecnoloxías para a venda do viño

24/06/2017 8:34 p.m.

O vindeiro 6 de xullo, a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA), organiza as quintas xornadas técnicas correspondentes ao ano 2017. O evento leva por título “O mercado do viño. Novas tecnoloxías para a venda” e desenvolverase no Salón de actos do Edificio Multiusos (Praza do Concello, nº2) en O Barco de Valdeorras (Ourense) en xornada de mañá.

No mesmo colaboran o Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras, e o Instituto Galego da Calidade (INGACAL).

O prazo de inscrición rematará o día 5 de xullo.

Velaquí o programa da xornada:

Descarga aquí o díptico.
Descarga a folla de inscrición.

Etiquetado
Ir a la portada