Axenda

Xornada sobre “Novas perspectivas no control do oídio e o black rot no viñedo”

24/03/2018 12:46 p.m.

O vindeiro 18 de abril, a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA), organiza as segundas xornadas técnicas sobre “Novas perspectivas no control do oídio e o black rot no viñedo”, coa participación de destacados expertos na materia.

Desenvolveranse no Hotel Balneario Arnoia Caldaria (Arnoia – Ourense), en xornada de mañá, coa colaboración do Concello de Arnoia, a Fundación Juana de Vega, o CRDO Ribeiro e o Instituto Galego da Calidade Alimentaria (INGACAL).

O prazo de inscrición rematará o día 16 de abril.

Pódese descargar aquí o programa e a folla de solicitude. 

Etiquetado
Ir a la portada