A Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL), dependente da Consellería do Medio Rural, en colaboración coa Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo (wwww.marinasbetanzos.gal) organiza unha Xornada técnica sobre “Mellora na planificación das producións ecolóxicas e organización da distribución de cara aos ecocomedores, e sistemas de rega en producións hortícolas ecolóxicas”, que se desenvolverá o vindeiro día 29 de outubro.
Esta actividade está enmarcada no Plan de Formación ao Agro Galego 2020, impulsado pola Consellería do Medio Rural, co obxectivo de apoiar e promover a competitividade do sector agrario en Galicia.
Contidos do curso:
Planificación de producións hortícolas en ecolóxico, para a coordinación con outros produtores e clientes.
Alternativas de variedades e ciclos para a produción escalonada.
Claves na organización da loxística de distribución: recollida, preparación de pedidos e entrega ao cliente.
Coordinación entre os produtores agroalimentarios e os clientes (comedores escolares e de empresas, restauración, outros clientes, etc.).
Mellora na xestión dos sistemas de rega: doses, frecuencias e momentos da rega; programadores; fertirrigación en agricultura ecolóxica; aproveitamento da auga da choiva.
Persoas destinatarias:
Agricultores/as activos/as.
Persoas con solicitude de incorporación á actividade agraria.
Persoas en idade laboral e menores de 60 anos con expectativas de incorporación ao sector primario.
Nº prazas: 15
Horario:
De 9.00 a 15.00 horas
Duración: 6 horas
Lugar de realización:
Aula Multimedia do Concello de Abegondo (San Marcos. Abegondo) - Localizador: https://goo.gl/maps/hnJnCczH1ET2DXUX7
Inscrición:
As solicitudes deberán ser presentadas pola persoa interesada en participar no curso, empregando o seguinte formulario:
https://mediorural.xunta.gal/sites/default/files/temas/formacion/formacion-continua/Formulario_solicitude_de_asistentes.odt
As solicitudes presentaranse en:
Se poderá enviar o formulario de inscrición aos seguintes CORREOS ELECTRÓNICOS: diego.miranda@marinasbetanzos.gal ; info@marinasbetanzos.gal
SEDE ELECTRÓNICA (preferentemente), a través do procedemento PR004A: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PR004A&ano=2017&numpub=1&lang=es
No caso de facer a inscrición a través da Sede Electrónica, agradecemos que lles envíen copia ao correos electrónicos indicados.