Agricultura

Xornada sobre mellora do cultivo da pataca en Galicia

Loading ad.
Ad could not be loaded.
27/11/2022 3:38 p.m.

O vindeiro 14 de decembro presentaranse en Xinzo de Limia os resultados preliminares do proxecto “SoilDiverAgro: Mellora na produción de pataca”.

Esta xornada, que se celebrará no Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro en horario de 16:00 a 19:00 horas, ten como obxectivo prioritario a presentación dos resultados preliminares do proxecto SoildiverAgro, que poden axudar a mellorar os rendementos da produción de pataca en Galicia. Preténdese, ademais, animar a agricultores e outros actores interesados a unirse á comunidade SoilDiverAgro e contribuír á mellora e optimización das técnicas propostas.

O proxecto SoildiverAgro ten como principais obxectivos a adopción de novas prácticas de xestión e sistemas de cultivo que melloren a biodiversidade xenética e funcional do solo, reduzan o uso de insumos externos e aumenten, ao mesmo tempo, a produción e a calidade dos cultivos, a prestación de servizos ecosistémicos e a estabilidade e resistencia da agricultura da Unión Europea.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Velaquí o programa:

Podes inscribirte nesta ligazón

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada