Agricultura

Xornada sobre “Manexo do cultivo de oliveira en Galicia”

Loading ad.
Ad could not be loaded.
16/11/2021 12:33 p.m.

O Servizo de Explotacións Agrarias de Ourense, dependente da Consellería do Medio Rural, organiza par o xoves 25 de novembro, unha xornada sobre "Manexo do cultivo de oliveira en Galicia".

A formación impartirase en horario de 15:30 a 20:30 h, no ISSGA de Ourense (Rúa de Villaamil e Castro, s/n, Ourense).

Nos últimos anos produciuse un incremento da superficie de oliveira en Galicia. Neste sentido, esta xornada ten como obxectivo dar información aos agricultores e técnicos sobre o cultivo da oliveira, especialmente no relativo ás técnicas de cultivo, elección de variedades e terreos, principais pragas e enfermidades e o uso sostible de produtos fitosanitarios.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A inscrición na xornada é obrigatoria e gratuíta, mediante a presentación dunha solicitude que será enviada ao Servizo de Explotacións Agrarias de Ourense a través dun Rexistro ou enviada ao correo electrónico diana.gonzalez.fermandez@xunta.gal.

Velaquí o programa da xornada:

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Descarga aquí a solicitude.

Esta actividade foi aprobada no Plan de Transferencia Tecnolóxica para o agro galego 2021, e cofinanciada polo FEADER nun 75%.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada