Axenda

Xornada sobre instalacións gandeiras este mércores na EFA Fonteboa

24/10/2016 5:23 p.m.

O Centro de Promoción Rural Efa-Fonteboa, en Coristanco (A Coruña), organiza para este mércores, 26 de outubro, unha xornada sobre instalacións gandeiras, na que, entre outras cuestións se analizarán os criterios nas instalacións gandeiras para xovencas, o emprego de area nas camas das vacas de alta produción ou o proceso na execución dun plan de mellora.

As persoas interesadas en asistir poden inscribirse chamando ao teléfono 981 733 051 ou enviando un correo electrónico a inscricions@efagalicia.org

Velaquí o programa da xornada:

Ir a la portada