Axenda

Xornada sobre incorporación de persoas mozas en ovino e cabrún

A Oficina Agraria de Lugo, en colaboración con Ovica, organiza o martes 27 de marzo unha sesión orientada á xente interesada en incorporarse ó agro ou en desenvolver plans de mellora

Campo Galego 20/03/2018 2:43 p.m.

O Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo acollerá o próximo martes unha xornada dirixida ás persoas mozas que se queiran incorporar ó agro a través dunha gandería de ovino e cabrún. A actividade está organizada pola Oficina Agraria Comarcal de Lugo en colaboración con Ovica. A entrada é gratuita e libre.

O programa da xornada é o seguinte:

10:00 – 11:00 h. - “A potencialidade na comercialización de carne de ovino
e cabrún en Galicia: Pastores de Galicia” (Carlos A. Rodriguez Rodriguez. Enxeñeiro Agrónomo e Director Técnico de OVICA e Pastores de Galicia).

11:00 – 12:00 h. - “Novidades no sector de ovino e cabrún na campaña da PAC 2018” (Rubén García Cabana. Enxeñeiro Agrónomo e Técnico da Delegación Territorial do FOGGA en Lugo. Responsable das axudas acopladas de ovino e cabrún).

12:00 – 14:00 h. - “Orde de axudas de incorporacións de xóvenes mozos/as á actividade agrogandeira no rural e plans de mellora para o 2018” (Pablo Iglesias López. Xefe do Servizo de Explotacións Agropecuarias en Lugo. Consellería de Medio Rural).

14:00 – 14:30 h. Mesa Redonda.

14:30 – 16:00 h.
Comida.

16:00 – 21:00 h. Visita guiada á granxa de ovino eco Casa da Armada, á granxa de cabrún eco en
Guntín - Cabuxa Natur S.C. e á Granxa Teixeiro e Pistón SC, en Becerreá. (Necesaria previa confirmación da asistencia ás visitas, por medio do teléfono 687 77 80 13).

Etiquetado
Ir a la portada