Agricultura

Xornada sobre identificación e control de pragas en froiteiras

Desenvolverase o 4 de decembro pola mañá en Ourense e abordará tanto a loita química tradicional como a produción integrada de cultivos

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 22/11/2019 9:33 p.m.

O Servizo de Explotacións Agrarias de Ourense organiza o vindeiro 4 de decembro unha xornada de transferencia do coñecemento titulada: "Identificación e control de Pragas e Enfermidades en froiteiras".

A xornada terá lugar o día 4 de decembro de 2019 no salón de actos da Xefatura Territorial de Medio Rural en Ourense, rúa Florentino Cuevillas, 4-6 baixo, en horario de mañá de 10 a 14 horas.

O relator das xornadas é João Calixto, enxeñeiro agrícola especializado en cultivos de froiteiras que actualmente desempeña esta función na empresa Hortoverin, S.L. Falará sobre a loita química tradicional e sobre a protección e produción integrada dos cultivos e de maneira concreta sobre cultivos específicos como mazá, cereixa, pequenos froitos e outras froiteiras.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Para inscribirse é necesario cubrir o seguinte formulario e envialo por correo electrónico a alipio.bermudez.couso@xunta.gal. Para máis información pode chamarse aos teléfonos 988386692 ou 988386684.

PROGRAMA COMPLETO: 

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada