Axenda

Xornada sobre “Gandería, lobos e espazos protexidos”

10/09/2017 11:38 p.m.

O local social do concello lucense de Muras acollerá este venres, 15 de setembro, unha xornada sobre “Gandería, lobos e espazos protexidos”, organizada por O-Xan, un grupo de opinión sobre a xestión do lobo en Galicia, no que participan gandeiros, cazadores, organizacións ecoloxistas ou sindicatos agrarios.

O obxectivo destas xornada é formar e informar ao sector agrogandeiro da zona norte de Lugo e da área das Serras Septentrionais sobre a realidade actual do lobo en Galicia, sobre os métodos de protección do gando, así como sobre os distintos modelos de coexistencia con grandes carnívoros, para que o conflito con esta especie sexa minimizado no posible, beneficiando tanto á parte produtiva coma á conservación da natureza.

Programa:

10:00 h. O XAN, grupo de opinión sobre a xestión do lobo en Galicia

10:30 h. - A situación do lobo en Galicia: a poboación das serras setentrionais. Luis Llaneza, biólogo, ARENA S.L

11:15 h. - Que é coexistir?. Claves para a coexistencia na Rede Natura 2000. José Vicente López-Bao, biólogo, Universidade de Oviedo

12:00 h. Pausa café

12:30 h. - Métodos de prevención e manexo do rabaño na gandería extensiva e semiextensiva: a experiencia dun gandeiro. Joan Alibés Biosca, gandeiro e enxeñeiro agrónomo

13: 15 h. - Cabalos e lobos, unha relación ancestral. Laura Lagos, enxeñeira de montes

14: 00 h. - Coloquio. Gandería responsable: é o lobo o problema?

Introducen: Antón Vázquez e Isabel Vierna. PURAGA

As prazas son limitadas. Para inscribirse hai que enviar cuberto o seguinte formulario.

Información no tfn. 620593892 ou en custodiadoterritorio@gmail.com

Etiquetado
Ir a la portada