Viña

Xornada sobre fertilización sustentable e estado nutricional dos solos vitícolas galegos

O proxecto piloto Viñ@SoStible presentará o 23 de novembro os resultados obtidos no seu estudo centrado na obtención de viños de calidade altamente sustentables en base ao emprego de subprodutos vitivinícolas

Loading ad.
Ad could not be loaded.
07/11/2023 12:11 p.m.

Viña Costeira, Cooperativa Vitivinícola Arousá, Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (AGACAL-EVEGA) e Universidade de Santiago de Compostela (USC), a través do grupo de Proxectos e Planificación, integran o proxecto piloto Viñ@SoStible. Esta iniciativa exporá os traballos levados a cabo ata o momento nun acto que terá lugar no Pazo de Toubes o 23 de novembro ás 10:00 horas. Para asistir é necesario facer previa inscrición, xa que conta con 60 prazas.

O proxecto xurdiu en 2021 co obxectivo de valorar a viabilidade de obtención de viños de calidade altamente sustentables en base ao emprego de subprodutos vitivinícolas como mellorantes da fertilidade do chan. Traballaron con dous coprodutos susceptibles de valorizar, como son os restos de madeira procedentes da poda da vide e o bagazo resultante dos procesos enolóxicos.

Así mesmo, abordarán o proxecto Fertisos no que se atopa a EVEGA. Esta iniciativa naceu 2022 coa finalidade de deseñar un novo programa de fertilización orgánica sustentable para cultivos de secaño e regadío mediante o emprego de diferentes tipos de xurro procedentes de explotacións gandeiras.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

O evento contará cos relatorios dos catro integrantes, aos que se suma a colaboración da Fundación Empresa Universidade de Galicia. Ademais, haberá unha relatora invitada que profundará sobre os retos da fertilización dos viñedos galegos.

O proxecto dispón dun orzamento total de 187.499 euros e ten subvencionados 149.999 euros. Está financiado pola convocatoria de axudas para o apoio de proxectos piloto, desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxía no ámbito agroforestal, cofinanciadas nun 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada