Agroalimentación

Xornada sobre a etiquetaxe dos alimentos este mércores en Santiago

28/11/2022 2:04 p.m.

Este mércores, 30 de novembro, celebrarase en Santiago de Compostela unha xornada técnica sobre “As etiquetaxes frontais nos envases alimentarios, un avance para o consumidor”.

A xornada, organizada pola Unión de Consumidores de Galicia e GADISA, celebrarase no hotel NH Collection da capital galega, e en representantes tanto dos consumidores, como da distribución, da industria alimentaria e da administración analizarán os avances e os aspectos para mellorar de Nutriscore, a nova etiquetaxe frontal dos alimentos.

O aforo da xornada é limitado. Pode realizarse a inscrición nesta ligazón.

Etiquetado
Ir a la portada