Axenda

Xornada sobre ensaios en cereais de inverno

O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo programou para o 13 de xuño unha sesión técnica na Pobra do Brollón para expoñer os resultados dos ensaios realizados no 2016 e visitar as variedades a proba este ano

Campo Galego 07/06/2017 3:07 p.m.

O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo celebrará o próximo martes unha xornada técnica na Finca Robles (A Veiga), na Pobra do Brollón, para expoñer os resultados dos ensaios 2016 de cereais de inverno. A sesión incluirá tamén unha visita ós campos de ensaio deste ano.

Mabegondo encárgase a nivel galego dos ensaios que desenvolve en todo o territorio estatal a rede Genvce (Grupo para la Evaluación de Nuevas Variedades de Cultivos Extensivos). O obxectivo da rede é testar de xeito independente parámetros como crecemento, rendementos ou resistencia a enfermidades nas novas variedades comerciais que saen á venda.

Programa da xornada técnica do 13 de xuño
10 horas – Charla técnica: Resultado trigos e centenos 2016. Problema da roia amarela.
11.30 – Visita de campo ás parcelas de ensaio de trigo de inverno e centeo híbrido.
13 horas – Fin da xornada.

A asistencia é libre e gratuíta, se ben recoméndase a inscripción previa a través do correo electrónico luis.urquijo.zamora (arroba) xunta.gal.

Etiquetado
Ir a la portada