Viña

Xornada sobre elaboración de viños rosados e oportunidades comerciais

Loading ad.
Ad could not be loaded.
31/03/2019 11:36 a.m.

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA), centro dependente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), organiza para o vindeiro 9 de abril unha xornada técnica sobre “Retos e innovacións no mercado: os viños rosados en Galicia”.

E é que este tipo de viños presentan moi boas perspectivas comerciais, sobre todo para a exportación e para o consumo entre a xente nova. Así, un informe da Organización Internacional da Viña e do Viño certifica que o consumo de viño rosado medrou un 20% dende o ano 2002 a nivel internacional. E a previsión para os próximos anos é que aumente a demanda destes viños nun 7%, fronte aos brancos e tintos que o farán sobre o 4%.

De aí o interese da EVEGA por organizar esta xornada, de carácter gratuíto e na que participarán diferentes expertos neste tipo de viños. Desenvolverase no salón de actos do Centro sociocultural de Sober (Lugo) en xornada de mañá. Conta coa colaboración do Concello de Sober, a Fundación Juana de Vega e o CRDO Ribeira Sacra.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

O prazo de inscrición rematará o día 8 de abril. Pode descargar aquí o programa e a folla de solicitude: https://evega.xunta.gal/es/xornadas-tecnicas-retos-e-innovacions-no-mercado-os-vinos-rosados-en-galicia/

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada