Leite

A xornada sobre cultivo de millo reúne a máis de 200 persoas en Curtis

Loading ad.
Ad could not be loaded.
16/03/2019 6:31 p.m.

Máis de 200 persoas acercáronse esta mañá ao Recinto Feiral de Curtis a escoitar aos dous grandes expertos internacionais sobre o cultivo do millo, o recoñecido consultor Albert Porte-Laborde e Francisco Joaquín Morell Soler, director de agronomía de Du-Pont Pioneer, que participaron nas III Xornadas do Rural Galego desde Curtis organizadas polo concello no marco da III Poxa de Elite de Gando Frisón.

A expectación causada pola presenza destes expertos atraeu ao municipio a gandeiros e agricultores de toda Galicia e tamén a unha numerosa representación de gandeiros de Asturias. Acompañaron aos especialistas o alcalde de Curtis, Javier Caínzos, e os concelleiros Antonio Fraga e Alfonso Gómez.

O director xeral de Agacal -Axencia Galega da Calidade Alimentaria-, Manuel Rodríguez Vázquez, abriu as xornadas destacando a importante aposta do Concello polo rural e a necesidade dun acordo de país para a ordenación dos usos do solo agrario e forestal e a loita contra o abandono da terra e a despoboación do rural.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Agricultura de precisión, con máis rendemento para os gandeiros, grazas ás imaxes do satélite ou de drons

En canto a Joaquín Morell Soler, director de agronomía de Du-Pont Pioneer, expuso as distintas ferramentas tecnolóxicas que hoxe permiten mellorar notablemente o rendemento dos cultivos, e en concreto do millo. Así, lembrou que tanto as imaxes por satélite das parcelas -o satélite europeo Sentinel ofrece imaxes gratuítas dunha parcela cada 5 días- como uso de drons permiten xa facer un seguimento dos cultivos e das súas necesidades de nutrientes e de auga en cada zona da parcela.

“Todo isto redundará, e xa o está facendo, nunha agricultura de precisión na que o encalado e o resto de labores agrícolas se fan guiadas por GPS, ou nun abonado e aplicación de fitosanitarios diferenciada para cada zona da finca segundo as súas necesidades. En definitiva, mellores colleitas, máis aforro en fertilización e en produtos fitosanitarios e unha agricultura máis sustentable”, destacou Joaquín Morell.

[caption id="attachment_85636" align="aligncenter" width="660"] Un momento das xornadas[/caption]

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A importancia dunha sementeira do millo á profundidade e coas densidades adecuadas

Pechou a xornada Albert Porte-Laborde, expreto internacional no cultivo do millo e que nunha exposición de case dúas horas logrou manter a atención do público cunha interesante e amena explicación sobre cales son os pasos claves para lograr unha boa colleita de millo forraxeiro.

Neste sentido, subliñou que “menos do 3% do éxito dunha colleita se debe á xenética da semente, mentres que o 97% restante se deben a factores que pode controlar o agricultor”. Entre eles, destacou a necesidade de facer un encalado e un abonado correcto da parcela -previa analítica de solos-, e sobre todo unha sementeira que cumpra os requisitos de densidade adecuada e homoxénea, e profundidade adecuada, de forma que o grao de millo dispoña de 4 centímetros de terra húmida. Asemade, recomendou aplicar abono starter localizado para asegurar unha boa disponibilidade de nutrientes para a plántula, sobre todo de fósforo.

Exposición dos animais

[caption id="attachment_85630" align="aligncenter" width="959"] Exposición de animais que se poxarán este domingo[/caption]

Loading ad.
Ad could not be loaded.

As actividades da III Poxa de Gando de Elite continúan pola tarde coa exposición dos animais que se poxarán mañá a partir das 11.30 horas.  Os 17 animais que se porán á venda proceden na súa totalidade de gandarías galegas, o que pon de manifesto a gran calidade da cabana de frisón da comunidade e o enorme esforzo dos gandeiros por mellorar o nivel xenético dos seus rabaños.

Con esta poxa, o Concello de Curtis, en colaboración coa empresa EmbrioMarket, quere dinamizar a economía da zona e dar visibilidade ao traballo e ao investimento dos gandeiros ao supor para eles un escaparate a nivel nacional. Esta é a única poxa deste estilo que se desenvolve en Galicia.

#eliteholstein #subastacurtis

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada