Axenda

Xornada sobre a crianza de porco celta en carballeiras e soutos

O Centro de Investigación Forestal de Lourizán organiza este sábado en Mondariz unha acción formativa orientada a coñecer o resultado de ensaios, así como a visitar explotacións da contorna

Campo Galego 27/09/2019 1:08 p.m.

Mondariz acollerá este sábado 28 unha xornada adicada a coñecer experiencias sobre a crianza de porco celta en carballeiras e soutos. O evento contará cunha primeira parte de mañá orientada a divulgar ensaios e experiencias de técnicos e investigadores. Xa pola tarde, visitaranse explotacións extensivas en Mondariz e na Cañiza. Rematarase a xornada cunha degustación gastronómica de produtos de porco celta.

A xornada é gratuíta, pero precísase inscripción previa ó mail infolourizan.mr@xunta.gal.

9:30 h - Presentación da xornada e descrición do proxecto ‘Sustentabilidade de sistemas silvopastorais de masas ibero-atlánticas de folla caduca con razas autóctonas de porco en réxime extensivo’ (Francisco Javier Silva Pando, coordinador científico do proxecto. Centro de Investigación Forestal de Lourizán).

- O ensaio de porco celta en carballeira. Bases para o deseño das explotacións. (Francisco Javier Silva Pando. Centro de Investigación Forestal de Lourizán).

- Experiencias co porco celta nos soutos lucenses. (María Rosa Mosquera Losada. Escola Politécnica Superior, USC, Lugo).

- A xestión diaria das explotacións extensivas co porco celta. Recursos do medio, alimentación e problemas sanitarios. (Iván Rodríguez Paz. ASOPORCEL).

- Aproveitamento dos soutos con porco gochu asturcelta en Asturias. (Begoña de la Roza Delgado, SERIDA, Villaviciosa, Asturias).

Visitas de campo (Desprazamentos en autobús, 16:00 – 21:00 h.)

- Visita á explotación extensiva de porco celta en Rendufe, A Cañiza (Francisco Javier Silva Pando e Mª José Rozados Lorenzo. Centro de Investigación Forestal de Lourizán).

- Visita á explotación extensiva de porco celta en Mouriscados, Mondariz (Mª José Rozados Lorenzo e Francisco Javier Silva-Pando. Centro de Investigación Forestal de Lourizán).

- Práctica de demostración con produtos de uso culinario do porco celta en Mouriscados, Mondariz (Francisco Javier Silva-Pando. Centro de Investigación Forestal de Lourizán).

Pódese consultar todo o programa neste díptico.

Etiquetado
Ir a la portada