Axenda

Xornada sobre como achegar o viño á xente nova

11/05/2019 12:12 p.m.

O vindeiro 24 de maio, a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA), centro dependente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), organiza unha xornada sobre “Estratexias para o achegamento do viño ao consumidor. A xeración "millennial".

Desenvolverase no Auditorio A Xuventude (Rúa San Francisco, s/n, Cambados - Pontevedra) en xornada de mañá. No mesmo colaboran o Concello de Cambados, a Fundación Juana de Vega e o CRDO Rías Baixas.

Os mozos millennials son un dos principais obxectivos das estratexias de márketing do sector vitivinícola. Así, en mercados como o de Estados Unidos estas xeración xa consume o 40% do viño comercializado. Polo tanto, como achegarse a este sector resulta crucial para as adegas.

O prazo de inscrición rematará o día 23 de maio. Pode descargar aquí o programa e a folla de solicitude.

Velaquí o programa:

Etiquetado
Ir a la portada