Carne

Xornada sobre coexistencia de lobo e oso coa gandería extensiva e a apicultura

O Grupo O Xan, un colectivo de debate sobre a xestión do lobo en Galicia, programa unha serie de charlas e debates en Piornedo (Cervantes, Lugo) o venres 13 de outubro

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 03/10/2017 10:02 a.m.

As charlas comarcais que está a programar o grupo O Xan sobre coexistencia do lobo coa gandería extensiva continúan o próximo venres 13 de outubro nos Ancares. Tras a celebrada en Muras en setembro, programouse unha nova xornada en Piornedo (Cervantes, Lugo) na que, ademais da cuestión do lobo, tamén se abordarán os problemas que está a xerar o oso coa apicultura e coa gandería.

O evento, de acceso libre, está organizado polo grupo O Xan, un colectivo que trata de promover o debate sobre a xestión do lobo en Galicia e que está integrado por gandeiros, cazadores, ambientalistas e investigadores.

O programa da xornada de Piornedo é o seguinte:

Loading ad.
Ad could not be loaded.

10 horas – Presentación. O Xan, grupo de opinión sobre a xestión do lobo en Galicia.

10.30 horas – A xestión do lobo en Galicia: a poboación da montaña oriental (Luis Llaneza, biólogo. Arena).

11.15 horas – O oso pardo na cordillera Cantábrica: osos e apicultura (Guillermo Palomero. Presidente da Fundación Oso Pardo).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

12 horas – Pausa café

12.30 horas – Que é coexistir? Claves para a coexistencia (José Vicente López-Bao, Universidad de Oviedo).

13.15 horas – A coexistencia vista por un gandeiro: métodos de prevención na montaña cantábrica (Rubén Valín, gandeiro).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

14 horas – Debate coloquio: Gandería responsable, osos e lobos son o problema?

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada