Axenda

Xornada sobre as axudas para a incorporación á apicultura

09/01/2020 12:58 p.m.

A Asociación Galega de Apicultura (AGA) e o Sindicato Labrego Galego organizan para o vindeiro 24 de xaneiro en Arzúa unha xornada formativa sobre as axudas para a incorporación profesional á apicultura

A actividade, de carácter gratuíta e aberta ao público, celebrarase no Centro de Interpretación do Queixo e do Mel, en horario de 16:00 a 18:00 horas.

Para asistir cómpre inscribirse previamente enviando un email a info@apiculturagalega.es ou chamando ao 981 508 142.

Etiquetado
Ir a la portada