Axenda

Xornada sobre “Previr e/ou curar. As enfermidades da madeira no viñedo a estudo”

20/06/2016 12:25 p.m.

O vindeiro martes, 28 de xuño, a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega), en colaboración coa C.R.D.O. Monterrei, o Concello de Monterrei e o Instituto Galego da Calidade Alimentaria (INGACAL), organiza unhas xornadas técnicas co título Previr e/ou curar. As enfermidades da madeira no viñedo a estudo.

Este evento desenvolverase na Casa da Cultura de Albarellos (Rúa do Progreso nº 112 – Monterrei – Ourense) e é gratuíto, previa inscrición.

O obxectivo principal destas xornadas consiste en transferir ao sector todos os avances no coñecemento científico e técnico que se ten a día de hoxe sobre as “enfermidades da madeira” en relación á complexidade do seu desenvolvemento e as estratexias para o seu control co gallo de conseguir un viñedo máis sostible no tempo.  Asemade, presentaranse o proxecto europeo Winetwork no que a Evega participa a través do INGACAL.

Descarga:
Programa do evento
Folla de solicitude do mesmo

Etiquetado
Ir a la portada