Forestal

Xornada sobre aproveitamento resineiro no CFEA de Guísamo

Campo Galego 21/09/2020 9:49 a.m.

O Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo, en Bergondo (A Coruña) acolle o próximo martes, 22 de setembro, un curso sobre o potencial resineiro dos piñeirais galego. A xornada terá unha parte teórica que se desenvolverá de 17.00 a 18.30 horas. A continuación, en horario de 18.30 a 21.00 horas haberá unha sesión práctica na que os asistentes poderán realizar algunhas das técnicas amosadas nas primeiras horas da acción divulgativa. 

A formación está destinada ás persoas vinculadas profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, a gandería, a industria alimentaria e a cadea forestal e da madeira ou con expectativas de incorporarse a eles. En especial, esta sesión está destinada a xente moza do rural galego.

As persoas interesadas poderán formalizar a reserva para participar enviando un correo electrónico a informacion@foresin.es ou a cfea.guisamo@xunta. gal. Tamén poden inscribirse nos teléfonos 680 208 320 ou no 881 881 043.  

 

Etiquetado
Ir a la portada