Data inicio: 18/11/2019
Data fin: 18/11/2019
Lugar: Xunta De Galicia - Edificio Administrativo - Lugo, Ronda da Muralla, Lugo, España
A Oficina Agraria de Lugo (OAC) organiza unha xornada técnica sobre a aplicación de enerxías renovables nas granxas. A sesión terá lugar o luns 18 de novembro no salón de actos do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo a partir das 16.00 horas.
Na xornada abordaranse temas como as innovacións en benestar animal ou a eficiencia enerxética e exporanse casos prácticos do emprego de enerxías renovables no sector primario.
A actividade está dirixida a persoas vinculadas profesionalmente coa agricultura, gandería, industria alimentaria e cadea forestal-madeira ou con expectativa de incorporación, e en especial xente nova do medio rural galego. Os interesados en acudir deberán presentar a solicitude na OAC de Lugo antes das 14.00 horas do 18 de novembro por fax (982 294 937) ou no correo electrónico xbruna (arroba) xunta.es.
A continuación detallamos o programa da sesión:
– As innovacións en benestar animal de vacún de leite a través da eficiencia. Antonio Oliveros Yañes. Técnico da Oficina Agraria de Monterroso.
-A eficiencia enerxética e as enerxías renovables desde as cooperativas. Mario Fernández. Técnico da Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (Agaca).
-Enerxías renovables no sector primario: casos prácticos. Laura Aldariz Muinelo. Técnica da empresa de enerxías renovables Tecgal.