Axenda

Xornada sobre a internacionalización das adegas galegas

05/05/2016 8:41 a.m.

O vindeiro mércores, 11 de maio, a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia organiza unhas xornadas técnicas co título “Internacionalización das adegas. Instrumentos para a venda do viño galego no mercado exterior” que se desenvolverán no Salón de actos do Edificio Multiuso de Arbo (Pontevedra).

As ditas xornadas contan coa colaboración do Concello de Arbo (Pontevedra), o CRDO Rías Baixas e o Instituto Galego da Calidade (INGACAL).

Para máis información sobre o programa das xornadas pode consultar neste enlace. 

 

Etiquetado
Ir a la portada