Viña

Xornada: “A Ribeira Sacra fronte ao cambio climático e as enfermidades do viñedo”

Loading ad.
Ad could not be loaded.
17/03/2019 8:08 p.m.

O vindeiro xoves, 21 de marzo, celebrarase na Casa da Cultura do Concello de Pantón a partir das 18:00 horas unha xornada sobre “A Ribeira Sacra fronte ao cambio climático e as enfermidades do viñedo”.

A xornada, na que participarán destacados expertos, é de carácter gratuíto e de asistencia libre. previa inscrición enviando un correo a info@ribeirasacracourel.es

Intervirán o presidente do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez González; o catedrático de Viticultura da Universidade Politécnica de Madrid e vicepresidente da Organización Internacional da Viña e o Viño, Vicente Sotés Ruiz, que falará sobre “Como vai afectar o cambio climático á produción de uva: ¿Teremos que cambiar as castes na Ribeira Sacra?”.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A continuación intervirá Leonor Ruiz García, Investigadora do Instituto Murciano de Investigación e Desarrollo Agrario, quen impartirá unha ponencia sobre “A mellora xenética como resposta ao cambio climático e as enfermidades como mildeu e odío. ¿É posible facer viño con castes sen tratamentos fitosanitarios?”.

Pola súa parte, Emilia Díaz Losada, investigadora da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia falará sobre “As castes galegas recomendadas para facer viño na Ribeira Sacra. ¿É necesario unha alternativa ao Mencía?”.

Pechará a xornada unha mesa redonda cos participantes que estará moderada por Alfonso Losada Quiroga, enólogo e máster en Enoloxía e Viticultura. Como punto final celebrarase unha cata de viños.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Velaquí o programa:

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada