Agroalimentación

Xornada para axudar a agricultores e gandeiros a comercializar os seus produtos en circuítos curtos

30/04/2023 10:50 a.m.

A Fundación Juana de Vega organiza o próximo 10 de maio unha xornada formativa na súa dede en Oleiros (A Coruña), para informar e axudar a agricultores e gandeiros a comercializar os seus produtos en circuítos curtos.

Desde setembro do 2020, a Fundación Juana de Vega estivo traballando no proxecto  FOODIMPROV´IDERS en colaboración con cinco entidades europeas. Este proxecto forma parte da convocatoria Erasmus+ (KA204 Strategic Partnerships for adult education)e ten como obxectivo principal axudar aos produtores primarios da UE a adquirir coñecementos e competencias para desenvolver modelos de comercialización baseados en circuítos curtos que lles permitan vender os seus produtos.

Estes modelos, que están estreitamente vinculados a un territorio, teñen numerosas vantaxes, como mellorar a renda dos produtores, aumentar o recoñecemento e o prestixio do sector produtor de alimentos na sociedade, aumentan a satisfacción dos consumidores e desempeñar un papel importante nas estratexias de valorización dos territorios.

A xornada que levará a cabo ten como obxectivos principais presentar ao sector produtor de alimentos as ferramentas desenvolvidas no proxecto e ofrecer un marco de dialogo e intercambio que impulse e afiance as incitativas locais en liña coa Axenda 2030 e os obxectivos do Pacto Verde Europeo.
Máis información e incripciones nesta ligazón.

Este é o programa da xornada:

Máis información e inscricións nesta ligazón

Etiquetado
Ir a la portada