Noticias de empresa

Xornada online sobre os novos robots de muxido Lely Astronaut A5

01/06/2020 7:00 p.m.

Este xoves, 4 de xuño, LELY organiza un webinar gratuíto para analizar os robots Lely Astronaut A5 de España, o seu desempeño e a súa fiabilidade. Conectarase en directo con gandarías que instalaron estes novos robots, como as galegas SAT Teixeiro e SAT Lodos e Pérez.

Será ás 12:30 horas e para apuntarse pódese realizar por whatsapp no teléfono 609 85 77 09.

Esta xornada está organizada por Lely Center Los Corrales, xunto a Lely Center Ávila e Lely Center Aizoain e durante a mesma enumerarase a totalidade de robots, analizaranse os seus datos e realizarase conexión en directo con algunha destas granxas.

Etiquetado
Ir a la portada