Apicultura

Xornada online sobre manexo de masas vexetais para apicultura

27/12/2021 11:49 a.m.

A asociación forestal Frouma, en colaboración coa Asociación Galega de Apicultura e o Sindicato Labrego Galego, organiza este mércores ás 7 da tarde unha xornada online sobre a importancia das masas vexetais na apicultura.

A formación será impartida por Xesús Asorey, Rebeca Vázquez e Diego Sánchez, que falarán da relación entre a abella e as plantas, que dá lugar aos distintos tipos de meles; do efecto dos pesticidas nas abellas; e do manexo das masas vexetais para a apicultura.

As inscricións para seguir a xornada poden realizarse cubrindo o seguinte formulario

Etiquetado
Ir a la portada