Desenvolvemento rural

Xornada no Courel sobre as actividades agrogandeiras como freo aos incendios en zonas de montaña

07/12/2022 12:55 p.m.

A Sociedade Galega de Pastos e Forraxes (SGPF) organiza o vindeiro 17 de decembro, sábado, unha xornada sobre “As actividades agrogandeiras fronte aos incendios na montaña”. A cita terá lugar na Estación Científica do Courel, a comarca galega máis afectada polos lumes forestais deste ano.

O programa da xornada combina as experiencias de explotacións agrogandeiras da zona con ponencias de persoal técnico. Será tamén o primeiro acto oficial da nova presidenta da SGPF, a gandeira Isabelle Gómez, da gandería Traloagro (Friol-Lugo).

As inscricións poden realizarse a través dos teléfonos 686 620 154 ou 628 713 263

Etiquetado
Ir a la portada