A eurodeputada galega Lidia Senra (Alternativa Galega de Esquerda) organiza este sábado na Pobra de Brollón (Lugo) unha xornada sobre os programas de apoio da Unión Europea (UE) para o desenvolvemento das zonas de alta montaña.
O evento, de asistencia libre e que non precisa de inscripción previa, desenvolverase ao longo de todo o día. A parte da mañá adicarase a analizar as posibilidades de axudas a través do Plan de Desenvolvemento Rural e dos Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR), que xestionan o Plan Ledaer, en tanto pola tarde haberá unha mesa de experiencias na que participarán produtores e empresas que traballan en zonas de montaña de Galicia.
Desde a perspectiva de Lidia Senra, “é imprescindible manter as explotacións agrarias da montaña e hai que promover a instalación de novas explotacións, como base dun desenvolvemento sustentable”. Tamén chama a “blindar os servizos públicos nestas áreas” como necesidade prioritaria.
Programa
10.30 h. - Apertura da xornada: Lidia Senra.
10.45 h. - Os programas de desenvolvemento rural a nivel europeo e os grupos de desenvolvemento rural en Galicia: en que consisten e que lle poden aportar ás zonas de alta montaña (Ana Rodríguez, ex xerente de programas de desenvolvemento rural e ex responsable de desenvolvemento rural do Sindicato Labrego).
11.15 h. - Debate. Moderado por Victor Arias (concelleiro de LugoNovo).
12 h. - Descanso.
12.30 h. - Resolución do Parlamento Europeo sobre as áreas de alta montaña (Lidia Senra).
13 h. - Debate
16.30 h. - Mesa de experiencias e proxectos en zonas da alta montaña galega
- Roi Estévez, presidente de Souto Vivo e membro da asociación Vieiros (Quiroga).
- Verónica Núñez e Daniel Arza, responsables de Caurelor.
- Miguel Ángel Figueiredo, responsable de Aceites Figueiredo
- Martín Alemparte, director xerente do GDR Ribeira Sacra – Caurel.
17.30 h. - Debate (Moderado por Óscar Carrete. Concelleiro e voceiro de Caurel Vivo).
18 h. Peche.