Agricultura

Xornada na Limia sobre a fertilización no agro

O evento, organizado polo Inorde, enmárcase no programa Life Regenera Limia, que ten como obxectivo a redución dos nutrintes de orixe gandeira nas masas de auga da comarca

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 19/12/2016 2:53 p.m.

O Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde) organiza este mércores unha xornada para fomentar no agro medidas de fertilización que reduzan a contaminación das masas de auga. A acción enmárcase no programa Life Regenera Limia, cofinanciado por fondos europeos, que ten por obxectivo diminuír a presenza de nutrintes de orixe gandeira nos ríos e encoros da comarca.

O programa do evento, que se desenvolverá este mércores 21 no Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro de Xinzo, é o seguinte:

9.30 horas – Presentación de avances do proxecto Life Regenera Limia (Alberto de Anta, Confederación Hidrográfica Miño Sil).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

10 horas – Medidas de condicionalidade da PAC: o pago verde (José Julián Bermello, xefe de servizo do Fondo Galego de Garantía Agraria -Fogga- en Ourense).

10.45 – Fertilización ecológica. (Xisela Fernández, asesora de explotacións en ecolóxico).

11.30 – Pausa café.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

12 h. - Boas prácticas agrícolas na mecanización dos cultivos: redución da pegada de carbono e agricultura de conservación (Jesús Expido, Universidade de Santiago).

12.45 h. - Racionalización da fertilización dos cultivos: sistema integrado de xestión de estercos e fertilizantes. (Servando Álvarez, director técnico do Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro – Inorde).

13.30h - Debate.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

14.00h – Peche da xornada.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada