Agricultura

Xornada formativa sobre as oportunidades de negocio do cultivo do kiwi en Galicia

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 20/05/2021 8:55 a.m.

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca) organiza un encontro formativo online sobre as oportunidades de negocio que pode ofrecer o cultivo do kiwi en Galicia. A sesión é online e gratuíta e celebrarase o vindeiro martes 25 de maio, en horario de 10.00 a 14.00 horas. “A formación busca non só a creación de emprego senón tamén a fixación de poboación rural”, explican dende Agaca.

Durante a xornada, Martín Fernández, especialista en produción de kiwi, explicará o funcionamento do sector. Por outra banda, persoal técnico de Agaca presentará o proceso de acompañamento a emprendedores e as axudas públicas para o desenvolvemento de oportunidades de negocio no eido cooperativo, entre outros temas.

As persoas interesadas poden inscribirse de balde aquí e obter máis información chamando ao 981 58 47 83.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

O encontro forma parte dun ciclo que incluíu sesións centradas no cultivo de té, castaña, cáñamo e oliveira, produción de porco celta e extracción de resina. Dende o seu inicio, en marzo, atraeu a máis de 200 participantes.  O ciclo desenvólvese no marco da programación 2021 da Rede Eusumo, unha rede de colaboración impulsada pola Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social, que conta con financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.

-Consulta aquí o programa completo da xornada.

 

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada