Axenda

Xornada formativa sobre a nova normativa agroforestal

27/10/2019 8:23 p.m.

A Oficina Agraria Comarcal (OAC) de Lugo organiza para o vindeiro día 14 de novembro unha Xornada Formativa sobre "Normativa agroforestal". Celebrarase no salón de actos do edificio administrativo da Xunta en Lugo, en horario de 16 a 20 horas.

Os aspectos que se desenvolverán no curso son:
- Aspectos agroforestais da PAC
- Normativa básica de aplicación, especialmente nos montes veciñais en man común.
- Regulación na interfaz agroforestal
- Cambios de actividade
- Distancias das plantacións
- Obrigas dos propietarios na prevención de incendios forestais

A xornada está destinada ás persoas vinculadas profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandería, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, ou con expectativa de incorporación, en especial mozos e mozas do medio rural galego.

Para asistir é preciso presentar as solicitudes na OAC de Lugo ou no enderezo xbruna@xunta.gal

Descarga aquí a ficha de inscrición

Etiquetado
Ir a la portada