Desenvolvemento rural

Xornada formativa en Ourense sobre valaloracións agrarias

07/04/2024 10:42 a.m.

O Colexio Oficial de Técnicos Agrícolas de Ourense organiza unha Xornada sobre Valoracións Agrarias para reciclar coñecementos e tamén para formarse nesta materia que se aplica no terreo profesional.

Esta é unha das saídas laborais dos enxeñeiros agrícolas son as Valoracións Agrarias, un traballo que se pode presentar en calquera ámbito: nunha pericial, nunha partición de herdeiros, nunha expropiación , nun embargo, nunha valoración de danos, temas de seguros.

Será o día 13 de abril no Balneario de Laias, Concello de Cenlle. O prezo inclúe a comida.

Aquí está a información do encontro e a programación.

Ir a la portada