Desenvolvemento rural

Xornada formativa en Boqueixón sobre laboreo e escarda mecánica

O curso organizado pola Consellería do Medio Rural terá lugar do 4 ao 8 de xullo e levarase a cabo no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude

28/06/2022 10:45 a.m.

A Axencia Galega da Calidade Alimenaria, dependente da Consellería do Medio Rural, ten previsto celebrar un curso de formación profesional e adquisición de nocións básicas en laboreo e escarda mecánica. Impartida no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude.

Esta acción formativa terá lugar do 4 ao 8 de xullo cunha duración total de 20 horas, en horario de mañá das 10:00 ás 14:00 horas. O taller constará de formación tanto teórica coma práctica e incorpora un obradoiro en novas tecnoloxías e últimas tendencias en laboreo e cultivo.

A inscrición no curso pode facerse online a través deste enlace https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/accions-formativas O coordinador poñerase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolle se está ou non admitido. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 881 86 73 31, ou enviarse un correo a cursos.agacal.sergude@xunta.gal

Etiquetado
Ir a la portada