Carne

Xornada formativa en Boqueixón sobre coidado dos pés dos cabalos

Loading ad.
Ad could not be loaded.
02/06/2022 11:45 a.m.

A Axencia Galega de Calidade Alimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural, ten previsto celebrar a semana que vén en Boqueixón un curso sobre o coidado do pé equino. Impartida polo Centro de formación e experimentación agroforestal (CFEA) de Sergude, a acción formativa impartirase do 10 ao 12 de xuño e terá unha duración total de 22 horas.

O obxectivo do taller é conseguir un persoal formado no tratamento de lesións podais equinas, así coma na ferraxe dos cabalos. Abordaranse aspectos tanto teóricos coma prácticos no relativo a desferrados, recortes, aplomados e colocación de ferraduras de emerxencia e exporanse as últimas tendencias sobre o descalzo equino. O obradoiro consistirá en formación tanto teórica coma práctica. Esta iniciativa está dirixida ás persoas vinculadas profesionalmente, ou con expectativa de incorporación, aos sectores produtivos gandeiros, agrarios, agroalimentarios e de cadea forestal-madeira. Así mesmo, o taller tamén pretende ofrecer unha oportunidade laboral á xuventude do medio rural galego.

Para participar é preciso descargar a solicitude nesta ligazón https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/accions-formativas e remitila cuberta a cursos.agacal.sergude@xunta.gal. . Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 881 867 327

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada