Agroalimentación

Xornada este xoves sobre fertilizantes e bioestimulantes agrícolas a base de algas

Este xoves realizarase de forma online a presentación do proxecto ALGATERRA: fertilizantes e bioestimulantes a base de algas en agricultura ecolóxica

26/07/2022 11:38 a.m.

Polas súas características, as algas están a ser grandes protagonistas dunha revolución no sector agroalimentario. A combinación do seu gran abano de aplicacións e o baixo impacto ambiental no seu cultivo, fan delas un produto de enorme interese para as empresas.

Neste contexto nace ALGATERRA, un proxecto piloto que ten como principal obxectivo elaborar, con descartes de algas mariñas da industria alimentaria, novos fertilizantes e bioestimulantes con aplicación en agricultura. En concreto, o proxecto estudará os beneficios que estes novos insumos achegarán en produción e rendemento en cultivos ecolóxicos, convencionais sustentables e de recuperación, seleccionando, para iso, diferentes tipos de algas e extractos.

Este evento online e gratuíto, enmarcado dentro das actividades do proxecto, servirá para dar a coñecer ALGATERRA entre os axentes do sector agroalimentario e público en xeral. Explicaranse, da man das entidades participantes no proxecto, os obxectivos, avances e resultados esperados, así como as actividades que se están levando a cabo.

Un proxecto que nace co fin de dar resposta á demanda dos agricultores en sistemas de agricultura ecolóxica e que fará máis sustentable ambiental, social e economicamente a actividade en torno á industria das algas mariñas galegas, no marco dunha economía verde e circular.

Cando: xoves, 28 de xullo, ás 12h.
Onde: evento online, a través de Zoom.
Duración: 1h
Inscrición gratuíta: https://forms.gle/6UoBS2wgJaVnt9aG9 (enviarase link de acceso)
Máis información: https://www.feuga.es/feuga-organiza-webinar-proyecto-algaterra/

Etiquetado
Ir a la portada