Desenvolvemento rural

Xornada este xoves en Xermade sobre prevención de accidentes no uso da maquinaria agrícola

06/10/2021 10:00 a.m.

Durante o mes de outubro, a Asociación Agraria de Galicia (ASAGA) continuará coa organización en varios puntos da comunidade dunha serie de “Xornadas divulgativas sobre a Prevención de Riscos Laborais no uso de Maquinaria Agrícola”. Nesta ocasión, terá lugar este xoves 7 de outubro, a partir das 11:30 da mañá, nas instalación do Restaurante Tino en Momán, Xermade (LUGO).

Todas estas xornadas formativas, que contan coa colaboración da Consellería de Emprego e Igualdade, terán unha duración aproximada de 2 horas e media, e serán impartidas por un experto en Prevención de Riscos Laborais.

En cada sesión trataranse os seguintes módulos:

• Prevención de riscos no uso de maquinaria agrícola
• Prevención de riscos no uso de productos fitosanitarios

A asistencia ás xornadas será libre e gratuíta ata completarse o aforo. Tódolos asistentes recibirán un tríptico informativo e documentación de interese xeral.

Para o correcto desenvolvemento das actividades, ASAGA intentará ter en cada sesión algún tipo de maquinaria agrícola para que os asistentes poidan seguir de primeira man as medidas de seguridade que teñen que adoptar ao utilizar os tractores ou apeiros para a actividade agrícola e gandeira.

Na xornada que terá lugar este xoves en Momán (Xermade), contarán coa presenza dunha manipuladora telescópica da marca JCB, módelo 536-95, AGRIXTRA. Nesta ocasión, os equipos son cedidos pola empresa especializada en maquinaria agrícola Millares Torrón, S.L.

Ao final do acto servirase un viño galego acompañado de “pinchos”.

Etiquetado
Ir a la portada