Desenvolvemento rural

Xornada este sábado en San Sadurniño sobre como reducir a factura eléctrica nas ganderías

24/02/2023 11:06 a.m.

Este sábado, 25 de febreiro, celebrarase no concello coruñés de San Sadurniño unha xornada técnica sobre aforro e eficiencia enerxética nas explotacións agrogandeiras e nas vivendas.

A xornada, organizada pola asociación de Produtoras e Produtores de Leite en Galicia (Prolega), impartirase na Casa da Cultura ás 12:00 horas.

A formación será impartida por técnicos da Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña (Faepac), e nela explicaranse temas como a estrutura de custos nas explotacións agrarias e gandeiras, conceptos clave da factura eléctrica, aforro e eficiencia nas granxas, autoconsumo e comunidades enerxéticas.

Etiquetado
Ir a la portada