Forestal

Xornada este sábado en Friol sobre alternativas sostibles nas comunidades de montes

26/10/2023 11:27 a.m.

O vindeiro sábado 28 de outubro o Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas desenvolverá unha xornada sobre alternativas sostíbeis nas comunidades de montes. O evento terá lugar no local social de Carballo (Carballo, Friol), dende as 11:00h da mañá até as 18:00h., e contará con palestras, a presentación do vídeo Píldoras Verdes, xantar e visita ao Monte Veciñal en Man Común de Carballo.

Esta xornada ten como obxectivo poñer de manifesto o papel de dinamizador dos bens comúns e a propiedade colectiva no medio rural, expoñendo o potencial da xestión comunal da terra e as súas vantaxes. Neste caso enfocado nunha figura tan especial na Galiza como son os montes veciñais en man común

Inscricións: https://forms.gle/UhSKu3uHTR5E9agAA

Máis información en montes@sindicatolabrego.gal ou chamando ao 608 175 565 (data límite 26 de outubro)

Programación:

11H Conferencias

Contexto histórico e actual das comunidades de montes - SLG
Alternativas produtivas e diversificación - CMVMC de Carballo
Alternativas de xestión desde a comunidade - Comuneiros dos montes do Chá
Aproveitamento comuneiro frente ao acaparamento da agroindustria - Comuneira do MVMC de Loentia
Ameazas actuais das comunidades de montes - ORGACCMM
Presentación do vídeo PÍLDORAS VERDES
Reflexión e conclusións

14h Xantar
16H Visita ao MVMC de Carballo
18H Peche

 

Etiquetado
Ir a la portada