Forestal

Xornada este sábado en Cerceda sobre cultivo do castiñeiro

10/12/2020 5:37 p.m.

Este sábado, 12 de decembro, terá lugar no concello coruñés de Cerceda unha “Xornada técnica de introdución ao cultivo do castiñeiro de froito”. Será no auditorio municipal entre as 10 e as 13:00 horas.

Farase unha introdución ao cultivo do castiñeiro, dende a planificación da plantación, normativa, plantación, entitorado e protección da plantación e mantemento de castiñeiros para producción de castaña.
Asemade, acompañaranos persoal do viveiro especializado en producción de clons híbridos de castaño A REVOLTA.

Inscricións no 981685001

Etiquetado
Ir a la portada