Desenvolvemento rural

Xornada este martes na cooperativa Lemos sobre os cambios normativos no sector gandeiro

26/02/2023 10:41 a.m.

A sociedade cooperativa Lemos organiza este martes, 28 de febreiro, unha xornada formativa sobre os últimos cambios normativos no sector da gandería de vacún.

O acto será ás 11:00 horas no salón de actos da cooperativa e nel diversos expertos informarán sobre:

-Normativa de ordenación das granxas de gando bovino.

-Caderno dixital.

-Normativa sobre nutrición sostible en solos agrarios.

-Normativa sobre uso sostible de produtos fitosanitarios.

-Axuda do Estado para a compra de fertilizantes.

-Normativa para o almacenamento de combustibles.

Etiquetado
Ir a la portada