Axenda

Xornada este martes en Lugo sobre “Novas tendencias no cultivo do millo”

11/12/2016 1:06 p.m.

Este martes, 13 de decembro, celébrase en Lugo unha xornada técnica sobre “Novas tendencias no cultivo do millo”

A xornada está organizada pola Área de Servizos Agrarios de Lugo da Consellería do Medio Rural. Celebrarase na Aula 1 Edificio Administrativo Xunta Galicia en Lugo. Ronda Muralla 70 segundo andar, en horario de 9:45 a 14:15 horas.

O programa é o seguinte:

10:00 a 12:00 horas: A avaliación de variedades comerciais de millo forraxeiro.
María José Bande Castro, Dra. Enxeñeira Agróma. CIAM Mabegondo.

12:15 a 14:15 horas: Erros comúns cultivo millo. Novidades e tendencias na xestión do millo para ensilado- Alternativas ao cultivo de millo.
Adrián Varela Pérez, Técnico Agronómico da cooperativa ICOS.

As solicitudes deberanse presentar na OAC de Lugo antes das 14:00 horas deste luns, 12 de decembro. Pódense enviar por fax ao 982 294937 ou enviar por mail a jose.rocha.grande@xunta.es ou a oac.seca.lugo@xunta.gal

Dado que o número de prazas é limitado a aceptación será por rigorosa orde de chegada da solicitude.

Esta xornada técnica está financiada nun 75% por fondos Feader.

Descarga aquí a ficha de inscrición.

Etiquetado
Ir a la portada