Desenvolvemento rural

Xornada en Xinzo sobre fixación de poboación no rural a través da agricultura e da gandería

25/02/2019 11:06 p.m.

A Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da Limia (ADEGAL) organiza este mércores unha mesa redonda sobre o futuro das explotacións agrogandeiras da provincia.

Será ás 19:30 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura de Xinzo da Limia. Participarán na mesa redonda María Teresa Joga Martínez, presidenta de ADEGAL; Eladio Jardón, gandeiro e director do Instituto Internacional de Márketing e Comunicación; Adolfo López Fabal e María Elvira López Mosquera, profesores do Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela.

Ir a la portada