Agroalimentación

Xornada en Ourense sobre seguridade alimentaria “dende a granxa á mesa”

O 19 de abril celébrase a segunda xornada anual sobre políticas alimentarias que se centra na seguridade alimentaria "da granxa á mesa"

Campo Galego 20/03/2024 2:30 p.m.

A Universidade de Vigo organiza a II Xornada anual sobre políticas alimentarias, que se centra na seguridade alimentaria "da granxa á mesa". O evento terá lugar o 19 de abril de 9:00 a 14:00 horas no Edificio Politécnico da Facultade de Ciencias do Campus de Ourense.

O obxectivo das políticas alimentarias da Unión Europea (UE) en materia de seguridade alimentaria é protexer aos consumidores, así como garantir un bo funcionamento do mercado interior. Por iso, estudar posibles riscos alimentarios é unha base científica para tomar decisións en materia de seguridade alimentaria e nutrición. A seguridade alimentaria require dunha lexislación ampla, pero ao mesmo tempo son necesarios estritos controis de seguridade dos mesmos. Con esta xornada, buscan ser un punto de encontro entre os diferentes axentes da cadea alimentaria que trasladarán a súa experiencia no ámbito da seguridade alimentaria.

Esta actividade está organizada por Raquel Rial Otero, Beatriz Cancho Grande, Elena Martínez Carballo e Carmen González Barreiro, investigadoras do grupo Food and Health Omics. As inscricións pódense realizar ata o 12 de abril a través da páxina web www.foodandhealthomics.es.

Programa completo

Etiquetado
Ir a la portada