Axenda

Xornada en Melide sobre produción de herba

16/12/2016 2:34 p.m.

Este luns, 19 de decembro, celébrase en Melide unha xornada sobre produción de herba. Esta acción formativa está organizada por Xestión Agrogandeira e Natureza e será impartida por Xan Pouliquen. A parte teórica será entre as 11:00 e as 14:00 horas no Edificio Multiúsos, e pola tarde realizarse unha vista a unha gandería de vacún en ecolóxico.

O contido da xornada é o seguinte:

-O crecemento da herba: calidade e cantidade.

-Especies e variedades: ¿Que sementar e para que uso?

-Sementeira e renovación de pradeiras: labras mínimas.

-Uso en verde.

-Métodos de conservación.

As inscricións deben facerse a través do correo info@xangalicia.com ou chamando ao 620 806 414

O prezo é de 30 euros máis 10 euros para o xantar.

Etiquetado
Ir a la portada