Aquelas persoas que o precisaren, poderám aproveitar a xornada para facerse de xeito gratuíto co vimbio que resulte da poda, obtendo así material para a elaboración das súas cestas, cabazos, sebes, aplicacións artísticas ou mesmo plantar directamente nas súas fincas.
Ana de Diego Ortiz e Mónica Iglesias Veiga encargaranse de acompañar e asesorar ás persoas participantes nesta tarefa ao mesmo tempo que se coidará e rexenerará a plantación de vimbio deste espazo natural, xestionado pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
O vicepresidente e deputado de Artesanía e Deseño convidou a participar nesta xornada; "que vén sendo un punto de encontro para profesionais e persoas afeccionadas á cestería, e que dá continuidade as actividades de promoción da artesanía e da permacultura que se están a desenvolver no Lugar de Reque".
Inscrición aberta
A xornada extenderase de 10.00 a 19.00 horas. Quen queira participar debe enviar a solicitude ao enderezo lugardereque@deputacionlugo.org, indicando nome, DNI, teléfono e breve descrición do perfil profesional ou persoal. O prazo de solicitude está aberto desde hoxe ata o 31 de xaneiro.