Agroalimentación

Xornada en Lugo sobre a hixiene nas producións agroalimentarias

06/12/2018 12:31 a.m.

A Oficina Agraria Comarcal de Lugo organiza o vindeiro luns, 10 de decembro, unha xornada técnica gratuíta sobre “Incidencia normativa da hixiene en produción primaria nas explotacións agrarias”.

Celebrarase pola tarde no Edificio Administrativo Xunta de Galicia. Para inscribirse é preciso chamar ao teléfono 982 294 934 ou escribir ao e-mail: jose.rocha.grande@xunta.es

Programa:

-16:00 a 18:00 h. A SEGURIDADE ALIMENTARIA NA PRODUCIÓN PRIMARIA. Relatores: José Vázquez López e José Miguel Arias Sánchez. Técnicos Hixiene Produción Primaria. Servizo de Explotacións Agrarias. Lugo

-18:00 a 21:00 h. BOAS PRÁCTICAS AGRARIAS, RASTREXABILIDADE E HIXIENE EN PRODUCIÓN PRIMARIA. Relatora: Noemi Navazas Santos. Responsable Calidade de Horsal S.C.G. Cambados- Pontevedra

Esta actividade forma parte do plan de transferencia para o apoio ás actividades de demostración e de información ao agro galego 2018.

Ir a la portada