Leite

Xornada en Lugo sobre benestar animal en vacún de leite en ecolóxico

Loading ad.
Ad could not be loaded.
15/10/2023 4:37 p.m.

Agronovo Ecoloxía e a Asociación de Produtores de Leite Ecolóxico de Galicia organizan o vindeiro día 27 de outubro en Lugo unha xornada formativa sobre benestar animal en vacún de leite en ecolóxico.

A xornada é gratuíta e está financiada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo. A formación contará cunha sesión teórica impartida pola veterinaria especializada en Benestar Animal Nina Vázquez Viader.

Posteriormente, impartirase un taller práctico para o cal se desprazarán a unha granxa situada en Outeiro de Rei.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A sesión teórica será impartida na sala de exposicións do Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD) da vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Máis información e inscricións no teléfoo 698 956 453 ou a través do correo aplegalicia@gmail.com

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada