Axenda

Xornada en Agolada sobre a mellora no manexo do gando bovino de leite e carne

Campo Galego 23/11/2017 12:04 p.m.

O auditorio de Agolada acolle este venres 24 as III Xornadas técnicas para a mellora do manexo do gando bovino de leite e carne, organizadas pola asociación O Parapeto, en colaboración co Concello e con Africor Pontevedra.

O programa da xornada é o seguinte:

11 h. - Inauguración.

11 h. - Control da calidade do leite e outros servizos realizados polo Ligal (Marisa Barreal, directora técnica do Ligal).

11.45 h. - Sector lácteo: historia e previsións (Carmen Rey, xefa de recursos leiteiros de Clun).

12.30 – Pausa café.

13 h. - A transferencia embrionaria como ferramenta da eficiencia reprodutiva e produtiva (Héctor Miguel Martínez, veterinario).

14 h. - Clausura e xantar.

Etiquetado
Ir a la portada