Axenda

Xornada demostrativa de mecanización da horta en Sergude

Campo Galego 09/09/2020 9:13 p.m.

O Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude acolle este xoves 10 de setembro unha xornada demostrativa de mecanización da horta. A xornada comezará cunha charla técnica para explicar os equipos que se probarán en campo (10.15 horas) e a partir das 11.45 horas comezarán os traballos de campo. Poderán repetirse os ensaios a partir das 16 horas para o persoal asistente que o demande.

A maquinaria que se probará en Sergude (Boqueixón, A Coruña) inclúe equipos de preparación de solo, sementeira, trasplante e mantemento. Pode consultarse aquí o programa e información da xornada, que é de asistencia gratuíta.

Ir a la portada